A derradeira marea de Manuel do Carrocho

0
113
a-derradeira-marea-de-manuel-do-carrocho

gif;base64,R0lGODlhAQABAAAAACH5BAEKAAEALAAAAAABAAEAAAICTAEAOw== - A derradeira marea de Manuel do Carrocho

Foto de arcquivo da flota pesqueira de Burela amarrada a porto Cedida

O mariñeiro xubilado Manuel López García faleceu en Burela aos 94 anos e este martes será o seu funeral

06 nov 2023 . Actualizado a las 14:04 h.

Rematou a costeira.

Os bonitos voltan para invernar e criar, unha vez máis, cara ás Azores.

Os barcos de Burela recollen as varas do curricán e apetréchanse con outras artes coas que poder levar pan aos seus fogares e peixe saltando ás casas de todos.

As ribeiras xa roncan, é a antesala dun verán proveitoso que toca ao seu fin.

O vento de leste empeza coas prácticas para ser un experimentado mariñeiro que frustrará moitos días de traballo daqueles que xa son auténticos lobos de mar.

E así, no porto de Burela, outrora pletórica de barcos atracados ao costado, unha andana bate contra unha das derradeiras naves de madeira e, cun tirón silencioso, creba as súas amarras. Coma unha noz vaise á deriva, non sen antes saúdar, como manda a tradición dos mariñeiros burelaos, a marmórea Virxe do Carme que desde o seu altar na punta do espigón de abrigo os protexe en cada marea.

A tripulación en terra, cos corazóns encollidos e afogados en bágoas, apértase coma se fose un “touliñar” e brindan o derradeiro saúdo ao seu patrón co desexo dunha boa singradura na súa viaxe sen retorno.

O mar está bravo. O mar rende pleitesía a un dos seus. O mar, sempre o noso mar, o seu vento, o seu salseiro… a nosa vida!

Boa viaxe, Manuel López García, Manuel do Carrocho. Segue patroneando no mar da eternidade, Choupla.




LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here