Algo se muere en el alma cuando un amigo se va …

0
8
algo-se-muere-en-el-alma-cuando-un-amigo-se-va-…

gif;base64,R0lGODlhAQABAAAAACH5BAEKAAEALAAAAAABAAEAAAICTAEAOw== - Algo se muere en el alma cuando un amigo se va ...

Cedida

03 jul 2024 . Actualizado a las 13:38 h.

Podería ser un deses estribillos pegadizos que se mete na túa cabeza e repites unha e outra vez, pero dos que realmente nunca chegas a entender o seu verdadeiro significado. Por desgracia para todos os que te queremos, este non vai ser un deles.

Marcha un dos nosos, un tío grande en todos os sentidos, cun corazón que non lle cabe no peito, ese que parou antes de tempo levando con el un pedazo de todos nós.

Alguén que se fixo a si mesmo, aínda que non o tivo fácil, pero saíu adiante con traballo e esforzo, sen dúbida. Merecías todo o bon que che ten acontecido.

Xogamos xuntos dende nenos e xuntos nos fixemos houses. Amigo de toda a vida, deses poucos que forman parte dela dende que tes uso de razón e cos que sempre podes contar. Farían falla moitas edicións deste xornal para contar todo canto levamos vivido.

Botaremos en falta as tuas anécdotas e as risas arrimados todos na barra dun bar.

Brindaremos na túa honra en cada comida, porque o teu prato e o teu vaso seguirá sempre posto na mesa dos bikers e nos pensamentos de todos nós.

Querido Mingui,o teu recordo vivirá en nós mentras non volvamos a vernos.

A próxima, tomarémola aí arriba.

Decirlle a tua família que sentimos a túa perda, que compartimos o seu pesar e que estaremos aí para o que precisen.

 Que a terra che sexa leve meu amigo.

Fdo: Os teus amigos




LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here