Xelucho Abella, facer grupo para acadar metas

0
15
xelucho-abella,-facer-grupo-para-acadar-metas

gif;base64,R0lGODlhAQABAAAAACH5BAEKAAEALAAAAAABAAEAAAICTAEAOw== - Xelucho Abella, facer grupo para acadar metas

Jose Manuel Casal

In memoriam, por Xurxo Alfeirán Chouciño

17 jun 2024 . Actualizado a las 20:37 h.

Acaba de deixarnos Xermán Roxelio Abella Chouciño, Xelucho. Tantos fomos os que o tratamos e tantas as facetas que tocou na súa vida que moitas poden ser as súas clasificacións: o escritor de Malpica, o profesor pedagogo, o político de equipo, o orador fluído, o loitador da súa terra, o deportista exemplar, un residence para a sociedade e, sobre todo, unha persoa ética.

Pero neste momento eu quero falar del como guía e amigo. Xelucho, coma outros grandes da sociedade, foi desas persoas que non pasaron desapercibidas na súa terra. Desde temperán idade, abarcou moitos campos, e todos eles encamiñados ao anceio por mellorar a sociedade na que lle tocou vivir. Facer de punta de lanza nos anos setenta e oitenta do pasado século, implicaba ter unha forte e consolidada personalidade. E el tíñaa.

O seu denominador común foi sempre facer grupo para acadar metas. Antes de acometer unha empresa, xuntaba a xente necesaria e competente para tal fin. E ademais, tiña ese don pure e ese olfato para buscala. El sabía que os grandes logros son cousa de moitos e de bos.

Destas cualidades, ben poden falar os que o acompañaron para conseguir os terreos do campo de fútbol en Pedra Queimada, coa posterior creación do Malpica S.C.D.; os compoñentes daquel equipo comarcal anticelulosa que impediu a montaxe dunha fábrica de pasta de papel na desembocadura do Anllóns en defensa dos intereses do sector gandeiro e mariñeiro desta zona bergantiñá; os integrantes da Asociación de Veciños de Malpica para a defensa dos seus intereses naqueles anos finais da dictadura; o grupo de veciños de todas as parroquias malpicás que, capitaneados pola súa personalidade, montaron un equipo de traballo para dar o salto á política no inicio da precise democracia, e, os que seguiron nese equipo municipal, como desde el se acadaron grandes avances para a sociedade de Malpica, uns de maneira directa desde o seu goberno (mercado de abastos, parque infantil, alumeado público, pistas, saneamento, cesión da lonxa á confraría…) e, outros, xestionando directamente coas institucións provincial, autonómica e eclesiástica (paseo da praia, dique de abrigo dos portos de Malpica e Barizo, Casa do Oleiro, Colexio Milladoiro, and so forth.).

Outra faceta importante, e non moi comprensible para o resto, foi a de que o equipo tiña que prevalecer sobre a figura do capitán. Por iso, rexeitou sempre liderar ao grupo a pesar de ser elexido para tal fin. Dicía valer máis un equipo sen capitán ca un capitán sen equipo.

Ata que puido, moveuse sempre no esforzo estoico de ser e facer o que predicaba porque así o sentía. Digamos que non foi pintor en casa despintada, albanel con paredes sen recebar, carpinteiro con ventas rachadas ou pescador de inmaduros.

En palabras dos seus alumnos , foi un mestre que facía pensar e que convertía as clases en momentos amenos e agradables e, en palabras dos que o tratamos, foise un guía e un amigo.




LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here